Sede electrónica Concello da Baña

12:03:10 Sábado 18 de abril 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal (Curso 2026-27)

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Os prazos da convocatoria son os seguintes: 

20 de abril: publicación da convocatoria no BOP.

Do 21 de abril ao 5 de maio: prazo de presentación de solicitudes.

13 de maio: publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas.

Do 14 ao 23 de maio: período de reclamacións da listaxe provisional.

01 de xuño: publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e dos formularios de matrícula.

Do 2 ao 14 de xuño: período de presentación de matrícula.

A documentación complementaria para a solicitude de novo ingreso será a seguinte: 

  • Documento acreditativo do nacemento da nena ou neno: Copia do certificado literal de nacemento ou do libro de familia do neno/a que solicita o ingreso.
  • Copia do DNI dos proxenitores, titores/as e/ou representantes legais.
  • Certificado de empadroamento no Concello da Baña e, no seu caso, certificado de empresa ou contrato laboral.
  • Copia certificada da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
  • Copia da última nómina ou informe da vida laboral.
  • Certificado do INEM que acredite se está en paro ou se recibe algún tipo de prestación.
  • Informe do equipo de valoración da discapacidade, se procede.
  • Copia do libro de familia numerosa ou resgardo de ter presentado a súa solicitude, se procede.
  • Documentación acreditativa de que o/a solicitante é familia monoparental, se procede.
  • No caso de vítimas de violencia de xénero: certificado da orde de protección ou medida cautela, informe dos servizos sociais ou certificación dos servizos autonómicos de acollida.

A documentación complementaria para a solicitude de renovación de praza será a seguinte: 

  • Certificado de empadroamento no Concello da Baña e, no seu caso, certificado de empresa ou contrato laboral.
  • Copia certificada da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
  • Informe do equipo de valoración da discapacidade, se procede. 

Documentación necesaria para a solicitude de matrícula das persoas admitidas: 

  • Anexos: Autorizacións de recollida, proporción de alimentos, tratamento de audiovisuais e uso de plataformas de comunicación.
  • Tarxeta de vacinación actualizada
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Copia da tarxeta sanitaria.
  • No caso de alerxias ou intolerancias a algún alimento proporcionarase o informe correspondente.

Aqueles outros datos/ documentacións que sexan precisas e que deberán ser aportadas. 

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal (Curso 2026-27).

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.