Sede electrónica Concello da Baña

03:37:42 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no Brincanadal 2024-25 (campamento de Nadal)

O campamento de Nadal é un servizo que ten a función de ofrecerlles ás crianzas un espazo onde participar de actividades de carácter lúdico, social e educativo.

Está dirixido a menores escolarizados entre os 3 e 13 anos de idade, durante os días laborais que van do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos os dous incluídos coincidindo coas vacacións de Nadal das crianzas.

Establecerase un prazo de inscrición ata o 4 de decembro. Todas as solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • Solicitude de inscrición.
  • A fotocopia do documento de identidade do/a menor.
  • A fotocopia do documento de identidade da persoa titular da conta.
  • De ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.
  • Tarxeta sanitaria do/a menor.
  • Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras: certificado de traballo da súa empresa conforme é preciso un servizo de conciliación para as súas crianzas por incompatibilidade cos seus horarios laborais.

Nome: Solicitude de inscrición no Brincanadal 2024-25(campamento de Nadal).

Unidade tramitadora: Xuventude.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.