Sede electrónica Concello da Baña

03:35:46 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no campamento de verán para menores de idade 2024

Non hai convocatorias abertas actualmente

A convocatoria de prazas e o funcionamento do servizo de campamento de verán municipal para menores de idade do Concello da Baña 2024 dende o 24 de xuño ao 6 de setembro, coincidindo coas vacacións estivais das crianzas, en horario de 8:00 a 15:00 horas.

O campamento de verán é un servizo que ten a función de ofrecerlles ás crianzas un espazo onde participar de actividades de carácter lúdico, social e educativo, ao mesmo tempo que facilitar e promover a vida laboral e familiar dos seus proxenitores e/ou titores legais.

Está dirixido a menores escolarizados entre 3 e 14 anos.

Establecerase un prazo de inscrición de 10 días naturais que se iniciará dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, na Sede Electrónica Municipal e na páxina web do Concello da Baña. Todas as solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha lista de agarda.

No suposto de que, transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e unha vez publicada a listaxe de admitidos definitiva, continuasen quedando prazas sen cubrir, calquera persoa interesada que cumpra co requisito relativo á idade de participación e presente a documentación requirida nas presentes bases, poderá solicitar a participación nas actividades de campamento.

Neste último caso, a admisión realizarase atendendo á orde de presentación de solicitudes ata cubrir o número total de prazas ofertadas.

As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do/a menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Consideraranse admitidos/as todos/as aqueles/as que cumprindo o requisito da idade, acheguen a documentación necesaria e aboen as taxas.

Os/As usuarios/as realizarán o pagamento do servizo unha vez publicada a listaxe de admitidos definitiva, ou no caso de matriculacións extemporáneas, unha vez confirmada a súa inscrición; nun prazo de 5 días hábiles.

As persoas usuarias farán chegar o xustificante de pago dos prezos a través do formulario de achega de documentación, anexando dito xustificante.

  • A fotocopia do documento de identidade do/a menor.
  • A fotocopia do documento de identidade do/a persoa titular da conta.
  • De ser o caso, documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/as: certificados de traballo, etc.
  • De ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.
  • Anexo – Ficha de inscrición no campamento
  • Anexo – Datos médicos.
  • Anexo – Autorización para reportaxes de prensa, radio, televisión, páxina web, facebook e redes sociales do Concello.

Nome: Solicitude de inscrición no campamento de verán para menores de idade 2024

Unidade tramitadora: Xuventude.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.