Sede electrónica Concello da Baña

11:56:08 Xoves 3 de xullo 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no campamento xuvenil de verán 2025

A convocatoria de prazas e o funcionamento do servizo de CAMPAMENTO XUVENIL DE VERÁN do Concello da Baña 2025 dende o 14 ao 24 de xullo, ambos incluídos.
O campamento xuvenil de verán é un servizo que ten a función de ofrecer á xuventude un espazo de convivencia onde participar de actividades de carácter lúdico, social e educativo.

Está dirixido a menores entre 12 e 18 anos.

Establecerase un prazo de inscrición que se iniciará dende o día 24 de xuño ata o 4 de xullo (ambos incluídos). Todas as solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do/a menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou na súa sede electrónica.
Consideraranse admitidas todas aquelas persoas empadroadas que cumprindo o requisito da idade, acheguen a documentación necesaria e aboen as taxas. No caso de que haxa máis persoas inscritas que prazas dispoñibles, farase un sorteo público. Poderán optar ás prazas as persoas non empadroadas que así o desexen, tendo en conta que a preferencia na adxudicación será para as persoas empadroadas, tal e como se recolle no artigo 8 destas bases.

Publicarase a lista definitiva de admitidos/as na páxina do Concello da Baña. De non existir ningunha reclamación nin faltar o pago do prezo público de ningún dos/as integrantes da lista provisional, as prazas quedarían oficialmente concedidas aos/ás usuarios/as desa listaxe.

As posibles reclamacións á lista provisional deberán presentarse, no prazo máximo de 3 días naturais dende a publicación da referida listaxe, a través do rexistro xeral do Concello da Baña, ou ben a través da Sede Electrónica Municipal ou de calquera outro medio ao que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No caso de que as inscricións presentadas dentro do prazo sinalado excedan as prazas dispoñibles para suposto de menores censados no municipio, efectuarase un sorteo público para determinar a lista de usurios/as do servizo, e pasarán as persoas excluídas a integrar unha listaxe de agarda. Este sistema de desempate aplicarase para tódolos grados de prioridade.

Todas as inscricións presentadas fóra de prazo producirán a entrada do/a menor na listaxe de agarda correspondente a continuación das presentadas dentro do prazo.

Os/as usuarios/as realizarán o pagamento do servizo unha vez publicada a listaxe de solicitudes admitidas definitiva e nun prazo de 7 días naturais, no caso de non realizar dito pago no prazo establecido procederase a dar de baixa a solicitude e a publicar a nova composición da listaxe de solicitudes admitidas, abrindo un prazo de 7 días naturais para que os/as titulares das novas solicitudes admitidas provisionalmente efectúen o pago. De non facelo entenderase rexeitada a súa inclusión e procederase a realizar o mesmo procedemento cos/coas seguintes titulares da lista de agarda.

  • A fotocopia do documento de identidade do/a menor.
  • A fotocopia do documento de identidade do/a persoa titular da conta.
  • De ser o caso, documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/as: certificados de traballo, etc.
  • De ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.
  • Anexo – Ficha de inscrición no campamento
  • Anexo – Datos médicos.
  • Anexo – Autorización para reportaxes de prensa, radio, televisión, páxina web, facebook e redes sociales do Concello.
  • Anexo - Autorización para uso do número mobil para grupo WhatsApp.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Solicitude de inscrición no campamento xuvenil de verán 2025.

Unidade tramitadora: Cultura.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.