Sede electrónica Concello da Baña

08:35:41 Domingo 20 de abril 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza no Punto de Atención á Infancia

Non hai convocatorias abertas actualmente

Convocatoria de prazas de renovación e novo ingreso no Punto de Atención á Infancia – PAI A Baña para o curso 2025-2026.

A solicitude formalizarase por parte das nais, pais, titoras/es ou representantes legais nos prazos establecidos mediante impreso normalizado (anexo I) na sede electrónica (https://sede.concellodabana.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/index.html#servicios_sociales) ou no rexistro municipal do Concello da Baña.

Os prazos da convocatoria son os que se indican a continuación:

  • 21 de abril: publicación da convocatoria, xunto con este cronograma e o modelo de solicitude de praza (tanto para renovación como para novo acceso).
  • Do 22 de abril o 6 de maio: prazo de presentación de solicitudes.
  • 13 de maio: publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas.
  • Do 14 o 27 de de maio: período de reclamacións á listaxe provisional.
  • 30 de maio: publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e dos formularios de matrícula.
  • Do 2 ao 14 de maio: período de presentación de matrícula.

A documentación complementaria necesaria para a solicitude de novo ingreso será a seguinte:

  • Copia DNI dos proxenitores, titores/as e/ou representantes legais.
  • Informe do equipo de valoración da discapacidade no caso de praza de integración.
  • Libro familia numerosa ou resgardo de ter presentado a súa solicitude.
  • Copias certificadas da declaración IRPF de cada membro referidas ao exercicio económico con data de presentación da declaración do IRPF pechada. Se non se viñera obrigado á presentación do IRPF, aportarase certificación de imputación de rendas e certificación de ingresos referidos ao mesmo período.
  • Copia da última nómina ou informe da vida laboral.
  • De ser o caso, acreditación da situación de desemprego mediante a presentación da tarxeta de desempregado.
  • Documentación acreditativa situación de familia monoparental ou resgardo de ter presentado a súa solicitude.
  • No caso de vítimas de violencia de xénero: certificado da orde de protección ou medida cautela, informe dos servizos sociais ou certificación dos servizos autonómicos de acollida.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar e, no seu caso, certificado de empresa ou contrato laboral. Este certificado de empadroamento poderá ser substituído por unha autorización expresa de consulta dos datos do padrón do Concello da Baña.

A documentación necesaria para as solicitudes de renovación de praza será a seguinte:

  • Copia do DNI/NIE.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar e, no seu caso, certificado de empresa ou contrato laboral. O certificado de empadroamento poderá ser substituído por unha autorización expresa de consulta dos datos do padrón do Concello da Baña.
  • Informe do equipo de valoración da discapacidade, se procede.

Documentación necesaria para a matrícula das persoas admitidas:

  • Impreso de matrícula curso 2025/2026
  • Autorización para uso de plataforma de comunicación TOKAPP.
  • Autorización para proporcionar alimentos polo persoal técnico do PAI.
  • Autorización para reportaxes de prensa, radio, televisión, páxina web e Facebook do concello da Baña.
  • Autorización de recollida da/o nena/o.
  • Declaración do IRPF, so para as renovacións, co único fin de cumprir coas bases da subvención de gratuidade da Xunta.

Nome: Solicitude de praza no Punto de Atención á Infancia – PAI A Baña para o curso 2025/2026.

Unidade tramitadora: Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: a instancia de parte.

Tipo de interesado: persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: alcaldía.

Carácter silencio administrativo: non se contempla.

Recurso aplicable: potestativo de reposición / contencioso – administrativo.

Taxas/impostos: contémplase a gratuidade da praza sempre que se cumpra o establecido por normativa da Xunta de Galicia.

Canles de atención: telemática (preferente) e presencial no departamento de Servizos Sociais.