Sede electrónica Concello da Baña

09:12:02 Domingo 28 de abril 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do servizo de conciliación A Baña Madruga para o CPI San Vicente

Non hai convocatorias abertas actualmente

Convocatoria de prazas do servizo de conciliación A Baña Madruga do Concello da Baña para o curso 2023-2024 no CPI San Vicente.

O prazo de presentación de instancias será do 29 de Agosto ao 4 de Setembro.

As solicitudes formalizaranse por parte das nais, pais, titoras/es ou representantes legais nos prazos establecidos mediante impreso normalizado (anexo 1) na sede electrónica (https://sede.concellodabana.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/index.html#servicios_sociales) ou no rexistro municipal do Concello da Baña.

A documentación complementaria para a solicitude será:

  • Fotocopia do documento de identidade da persoa menor ou libro de familia.
  • Fotocopia do documento de identidade da persoa titular da conta.
  • Informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial, de ser o caso.
  • Libro de familia numerosa, de ser o caso.

Documentación necesaria para a matrícula:

  • Anexo 2 - Orde de domiciliación.
  • Anexo 3 - Autorización de imaxe e son.
  • Anexo 4 - Autorización do uso do número de teléfono.
  • Xustificante de pago de taxas segundo as bases.

Nome: Solicitude do servizo A Baña Madruga para o CPI San Vicente.

Unidade tramitadora: Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Non se contempla.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / contencioso – administrativo.

Taxas/impostos: indicadas nas bases.

Canles de atención: Telemática (preferente) e presencial no Rexistro do Concello.