É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición no Servizo de transporte daqueles/as alumnos/as do concello estudantes de bacharelato ou ciclos formativos en centros de ensino públicos dos concellos de Negreira ou Santa Comba, nalgunha das seguintes modalidades:
* Nas modalidades de Réxime ordinario, Formación profesional Básica e Formación profesional dual.
Os/As estudantes matriculados nun dos centros públicos de Negreira ou Santa Comba sinalados a continuación:
Estes estudantes non disporán de medios propios para desprazarse aos centros de ensino anteriormente citados nin terán a opción de facer uso do transporte público, xa sexa pola inexistencia de liñas regulares de transporte ou, de existir estas, os horarios non concorden coas horas de chegada e/ou saída aos centros de ensino.
Está dirixido a alumnos/as do concello estudantes de bacharelato ou ciclos formativos en centros de ensino públicos dos concellos de Negreira ou Santa Comba.
O prazo de presentación de instancias será de sete (7) días naturais a contar dende o día seguinte á publicación destas bases na Sede electrónica do Concello da Baña e na páxina web municipal. Transcorrido este prazo non se admitirán novas inscricións.
As solicitudes presentaranse segundo os modelos normalizados, que deberán ser asinadas pola nai, pai, titor/a legal ou membro da familia de acollida da nena ou neno e presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A solicitude será única para tódolos/as fillos/as. Se estivesen admitidos/as en centros docentes diferentes presentarán unha solicitude por cada fillo/a.
Consideraranse admitidas todas as persoas que, cumprindo os requisitos, acheguen a documentación necesaria en forma e prazo.
O pagamento do servizo efectuarase por domiciliación bancaria e de forma mensual, agás o primeiro cargo, que se realizará unha vez transcorridos os meses de setembro e outubro.
Nome: Solicitude do servizo de transporte de estudantes da Baña en centros públicos de Negreira ou Santa Comba.
Unidade tramitadora: Cultura.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.