Sede electrónica Concello da Baña

05:58:10 Sábado 5 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no Brincanadal (campamento de Nadal)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O campamento de Nadal é un servizo que ten a función de ofrecerlles ás crianzas un espazo onde participar de actividades de carácter lúdico, social e educativo.

Está dirixido a menores escolarizados entre os 3 e 13 anos de idade, durante os días laborais que van do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, ambos os dous incluídos coincidindo coas vacacións de Nadal das crianzas.

Establecerase un prazo de inscrición dende o 7 ata o 15 de decembro. Todas as solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • A fotocopia do documento de identidade do/a menor.
  • A fotocopia do documento de identidade da persoa titular da conta.
  • De ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.
  • Tarxeta sanitaria do/a menor.

Nome: Solicitude de inscrición no Brincanadal (campamento de Nadal).

Unidade tramitadora: Xuventude.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.