Sede electrónica Concello da Baña

04:02:58 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas diferentes actividades deportivas que forman parte das escolas deportivas municipais.

O prazo de inscrición será dende o día seguinte á publicación no BOP de A Coruña ata maio de 2025.

Todas as solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.
As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Consideraranse admitidos/as todos/as aqueles/as que cumprindo o requisito da idade, acheguen a documentación necesaria e aboen as taxas.

  • Anexo 1 - Ficha de inscrición.
  • Anexo 2 - O impreso cuberto da orde de domiciliación de recibos.
  • Anexo 3 – Autorización de captación de imaxe e son.
  • Anexo 4 – Autorización para usar o número de teléfono.
  • Copia do documento de identidade da persoa usuaria.
  • Copia do documento de identidade da persoa titular da conta.
  • De ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Solicitude de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.