Sede electrónica Concello da Baña

18:27:05 Xoves 12 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición na Escola de Música Tradicional

A escola de música tradicional é un servizo que ten a función de ofertar, achegar e promover a aprendizaxe musical tanto para a poboación do concello da Baña como tamén doutros concellos.

Está dirixido a toda a poboación, a partir dos 7 anos, e desenvolverase durante o curso escolar. A prestación do servizo iniciará e finalizará nas datas indicadas por resolución de Alcaldía, que en todo caso serán dende outubro de 2023 ata xuño de 2024.

O prazo de inscrición será dende o 17 de setembro do 2024 ata o 30 de maio do 2025.

Todas as solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Consideraranse admitidos/as todos/as aqueles/as que cumprindo o requisito da idade, acheguen a documentación necesaria e aboen as taxas.

  • A fotocopia do documento de identidade do/a menor acompañada do libro de familia ou documento que permita comprobar a identidade da nai, pai ou titor/a legal do menor e a relación co menor.
  • De ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.
  • Tarxeta sanitaria do/da menor.
  • Anexo 1 – Ficha de inscrición.
  • Anexo 2 – Autorización imaxe e son.
  • Anexo 3 – Autorización de uso de número telefónico.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Solicitude de inscrición na Escola de Música Tradicional.

Unidade tramitadora: Xuventude.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.