Sede electrónica Concello da Baña

17:19:07 Martes 8 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición na Escola de Música Municipal

A escola de música municipal é un servizo que ten a función de ofertar, achegar e promover a aprendizaxe musical tanto para a poboación do Concello da Baña como tamén doutros concellos.
Está dirixido a toda a poboación, a partir dos 3 anos, e desenvolverase durante o curso escolar. A prestación do servizo iniciará e finalizará nas datas iniciadas por resolución de Alcaldía.

O prazo de inscrición será dende o 11 de setembro de 2024 ata o 30 de maio do 2025.

Todas as solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Consideraranse admitidos/as todos/as aqueles/as que cumprindo o requisito da idade, acheguen a documentación necesaria e aboen as taxas.

  • Anexo 1 – Ficha de inscrición.
  • Anexo 2 – O impreso cuberto da orde de domiciliación de recibos.
  • Anexo 3 – Autorización de captación de imaxen e son.
  • Anexo 4 – Autorización para usar o número de telefóno.
  • Copia do documento de identidade da persoa usuaria.
  • Copia do documento de identidade da persoa titular da conta.
  • De ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.

Nome: Solicitude de inscrición na Escola de Música Municipal.

Unidade tramitadora: Xuventude.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.