Sede electrónica Concello da Baña

03:45:48 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición nos Campamentos de Verán

Non hai convocatorias abertas actualmente

A convocatoria de prazas e o funcionamento do servizo de campamento de pernocta de verán municipal para menores de idade no concello da Baña 2023 dende o 26 de agosto ata o 4 de setembro de 2023. O campamento de verán é un servizo que ten a función de ofrecerlles ás crianzas un espazo onde participar de actividades de carácter lúdico, social e educativo.

Establecerase un prazo de inscrición que se iniciará dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, na Sede Electrónica Municipal así como na páxina web do Concello da Baña ata o 31 de xullo. Todas as solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.
As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Consideraranse admitidos/as todos/as aqueles/as que cumprindo o requisito da idade, acheguen a documentación necesaria e aboen as taxas.

  • A fotocopia do documento de identidade do/a menor acompañada do libro de familia ou documento que permita comprobar a identidade da nai, pai ou titor/a legal do menor e a relación co menor.
  • De ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.
  • Tarxeta sanitaria do/da menor.
  • Anexo – Ficha de inscrición no campamento de verán 2023.
  • Anexo – Datos médicos.
  • Anexo – Autorización para reportaxes de prensa, radio, televisión, páxina web, facebook e redes sociais do Concello.

Nome: Solicitude de inscrición en campamento de verán.

Unidade tramitadora: Xuventude.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.