O campamento de verán é un servizo que ten a función de ofrecerlles ás crianzas un espazo onde participar de actividades de carácter lúdico, social e educativo.
Está dirixido a menores entre os 8 e 16 anos de idade, durante os días 26 de agosto ao 4 de setembro coincidindo coas vacacións estivais das crianzas.
Está dirixido a menores entre os 8 e 16 anos de idade, durante os días 26 de agosto ao 4 de setembro coincidindo coas vacacións estivais das crianzas.
O campamento de verán oferta 17 prazas para os nenos e nenas que cumpran os requisitos de admisión. Este servizo desenvolverase no campamento xuvenil Pontemaril durante 7 días con pernocta.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática podrá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
O prazo de presentación e dende o día 26 de Xullo ata o 2 de Agosto.
Nome: Solicitude de inscrición nos Campamentos de Pernocta 2024.
Unidade tramitadora: Xuventude.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.