Sede electrónica Concello da Baña

03:14:40 Domingo 8 de setembro 2024
Estás en:

Información

9 veciños máis da Baña coñecen a fondo como usar a súa sede electrónica

04/10/2019

Acudiron ao taller formativo organizado o mércores 2 polo concello para aprender a manexar con soltura a oficina dixital do concello.

Varias das persoas participantes asistiron á formación cos seus ordenadores portátiles, o que lles facilitou solicitar alí mesmo os mecanismos de identificación que lles permiten empregar a sede electrónica para facer xestións no concello. Coñeceron tamén como usar a sede.

Se lles xurde algunha dúbida sobre estas cuestións, poderán solventalas na vindeira visita que realizará ao concello o axente do proxecto PEL-Concello Dixital da Deputación, que foi quen impartiu a formación.