Sede electrónica Concello da Baña

05:08:11 Domingo 8 de setembro 2024

Información

ORDENANZA SUBVENCIÓNS

27/05/2024

ANUNCIO DE INICIO DE TRÁMITE DE AUDIENCIA E CONSULTA PREVIA EN EXPEDIENTE DE APROBACIÓN DE ORDENANZA

EXP: 2024/G013/000001

Mediante resolución de Alcaldía con número de Decreto 310/2024, do 27 de maio do 2024, aprobouse a necesidade dunha consulta pública, a través do portal web do Concello da Baña (https://www.concellodabana.gal) na que se recollerá a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.

 

Outorgarase un prazo de achegas por parte da cidadanía de 10 días naturais dende a publicación do anexo na web municipal, dito prazo de achegas finalizará o vindeiro 6 de xuño de 2024 ás 23:59 h. As achegas deberán realizarse a través da sede electrónica empregando o formulario de achega de documentación complementaria, indicando no apartado “código de expediente” o seguinte: 2024/G013/000001.

 

Poderase acceder a dito trámite de participación cidadá a través do seguinte enlace: https://sede.concellodabana.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/ AportacionDocumentacion_N


Xustificantes de Publicación: